O
quince de xullo deste verán partín do aeroporto de Santiago de Compostela cara
a Estambul coa compañía aérea Turkish Airlines.No avión había moitas revistas
como Zaman ou Yeni Safak, pero non entendía nada do que puñan, menos mal que
vin un xornal en galego: Gastronomía Galega non obstante, non me interesaba. Máis
tarde, pasou a azafata co carro da comida e deume un bocadillo, aínda que non
me sentou moi ben e tiven que ir correndo o W.C. Despois fíxoseme un pouco máis
curto o traxecto de cinco horas porque comecei a falar coa señora que tiña ó
lado, que era de Arxentina e chámabase dona Claudia.Polo que me dixo fora
profesora de Matemáticas, e era unha muller moi peculiar porque cando as
azafatas/os non miraban, collía a bandexa e os cubertos da comida e metíaos no
bolso, dixérame que coleccionaba este tipo de cousas.Á fin, tres horas máis
tarde chegamos ao aeroporto Ataturk e antes de baixarme o piloto Mr.Smith deixoume
ver a cabina de voo que era impresionante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario