mércores, decembro 10, 2014

O CHAFALLÁN



 O Chafallán era un home da aldea de O Irixo que facía as cousas de calquera maneira, sen   preocuparlle que quedaran ben ou mal, era un chafalleiro, por iso no lugar o chamaron o Chafallán.

Cando fixeron a capela do San Xoán, os veciños  decidiron que quen tiña que rematala por dentro sería o Chafallán, para logo ser consagrada polo bispo de Ourense cando estivera totalmente rematada. Así pasou un ano arranxándoa.

Chegou o día de inaugurar a capela e o bispo e máis a xente entran nela, todo aparenta moi ben rematado, só queda por ver o cadro da derradeira cea que hai trala cortina e que todos están esperando admirar. Tras descorrer a cortina observan como as personaxes do cadro están desordenados; San Pedro tirado no chan, San Xoán durmindo na mesa…      O bispo bota as mans a cabeza e pregunta: que pasa aquí? e o Chafallán responde: oia eu cando os deixei ceando estaban todos ben, despois o que fixeran…

A ESCRITA DOS NÚMEROS




Maceda, 3 de decembro de 2014.
Querida curmá:

Que tal de Erasmus por Nova York? Aquí en Maceda botámoste moito de menos, xa fai seis meses que te fuches, e case non sabemos nada de ti, só vimos as 126 fotos que nos mandaches hai un mes, por certo, moi bonitas. Agora que van comezar as vacacións de Nadal virás de volta para Ourense pois só quedan vintecatro días e o inverno xa se nota,  porque hoxe o termómetro marcaba -2ºC.


Sáudos do teu curmán Martín.