Blog de Martín, alumno de 4º ESO, para publicar os meus traballos de Lingua Galega e Literatura.
venres, xuño 12, 2015
luns, abril 27, 2015
SIGLAS/ ACRÓNIMOS/ SÍMBOLOS
A semana que vén comezarei o
Erasmus, que me concedeu a USC. O meu destino vai ser Noruega, que se atopa moi
ao N. Esta semana vou ir ao banco cambiar os cartos a Kr, que é a moeda que se
emprega alí, xa que está fóra da UE. Alí vou facer algún dos TFGQ (traballo fin
de grado en Química), un vai ser sobre o estudo do sal (NaCl). O venres pola tarde , na estación de
Renfe de Ourense collerei o AVE cara a Santiago e de alí trasladareime ata Oslo
con IB.
ABREVIATURAS
Sr. alcalde:
Quería pedirlle un permiso para
facer obras no baixo nº 3 da avda. Ramón Cabanillas, no baixo quería
facer un local para colaborar ca Asoc.EEHC,
xa que as persoas que padecen hepatite carecen de axudas, e dispoño de 20000€ aprox. para facer a obra.
Grazas pola súa atención, pódese
por en contacto comigo co tfno. 687
36 24 42
Un saúdo.
venres, marzo 13, 2015
HAI, AI, AÍ / HABER, A VER
Ai!
berrou Mateo mentres camiñábamos coa cadela polo monte. Ao carón da árbore había unha pequena serpe de cor clara.
Afastámonos dese lugar e chamei ao meu pai, que nos levou enseguida a
urxencias. Aí atendéronnos moi
rápido, e o doutor dixo: a ver onde
che picou, e deseguido explicounos que a serpe que mordera ao meu amigo non era
unha especie de Galicia, nin sequera de España, senón unha que só hai en zonas moi húmidas do planeta,
como as Selvas Tropicais. Esta serpe é velenosa, pero co antídoto que lle
subministraron recuperouse rapidamente, e todo quedou nun susto.
DÚBIDAS LÉXICAS
Hoxe, despois de comer, deiteime na cama durmir unha sesta, porque tiña
moito sono e tiven un soño que se desenvolvía na miña vila natal, aquela onde tiña todos os meus
amigos e familia. No soño sucedía un feito que me acontecera cando eu era
pequeno: un día soleado de verán fora cos meus amigos de paseo coa bicicleta
polas vilas do arredor, e decidimos
entrar nunha casa abandonada, un rapaz atopou nun dos caixóns do dormitorio un
gran sobre , inverteuno, abriuno, e
dentro atopou moitos cartos e ata un rólex, á parte miramos o resto da casa, pero o único que nos chamou a
atención foi un mapa, desenrolámolo
e decatámonos de que era un mapa da vila, cunha cruz xusto no lugar onde eu
vivía. Decidimos repartir o tesouro entre o pobo, e decidiron investir
a súa parte en crear un hotel, que por certo, segue aberto hoxe en día, mentres
que nos, fixemos un aparte para
investigar que era a cruz que estaba, marcada no mapa.

CONQUE/CON QUE
Este verán gustaríame ir de viaxe
coa miña familia a Grecia, pero con que
suspenda algunha materia, non vou poder ir, pero eu voume esforzar por
aprobar.Temos pensado ir en xullo, conque
temos que ir mirando ofertas de viaxes e teño tantas gañas que xa estou mirando
a roupa con que vou viaxar. Xa lle
preguntei á miña nai con que
compañía de voo lle gustaría viaxar, pero eu con que viaxe a algún sitio xa son feliz.
SENÓN/SE NON
Ao meu pai gústanlle moito os cans. Non eran suficientes dez animais, senón que agora ten vinte. Moitos son mansos e xogan entre eles, senón dous que son considerados perigosos xa que son dogos arxentinos e se non queres que che mordan é mellor portarse ben con eles. En todos estes anos nunca houbo ningún problema con eles, senón nunha ocasión que case morden ao carteiro.

domingo, marzo 01, 2015
PORQUE, PORQUÉ, POR QUE
O pasado venres estiven falando cos
meus pais sobre a carreira que estudaría ao rematar o bacharelato, porque xa me queda pouco para cumprir
os dezaoito. O meu pai quería que estudase Medicina pero eu díxenlle que non, o
porqué da resposta é que piden unha
nota moi alta. Á miña nai gustaríalle que estudase veterinaria pero tamén lle
respondín que non, o motivo por que
lle dixen iso é que non me gustan os animais.Ó día seguinte, a miña irmá
díxome: por que non estudas
enfermería? E finalmente dixen que si. Queda menos dun ano para que remate
bacharelato, pero voume a esforzar por
que poida estudar enfermería.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


