venres, marzo 13, 2015

HAI, AI, AÍ / HABER, A VER


Ai! berrou Mateo mentres camiñábamos coa cadela polo monte. Ao carón da árbore había unha pequena serpe de cor clara. Afastámonos dese lugar e chamei ao meu pai, que nos levou enseguida a urxencias. atendéronnos moi rápido, e o doutor dixo: a ver onde che picou, e deseguido explicounos que a serpe que mordera ao meu amigo non era unha especie de Galicia, nin sequera de España, senón unha que só hai en zonas moi húmidas do planeta, como as Selvas Tropicais. Esta serpe é velenosa, pero co antídoto que lle subministraron recuperouse rapidamente, e todo quedou nun susto.


DÚBIDAS LÉXICAS



      Hoxe, despois de comer, deiteime na cama durmir unha sesta, porque tiña moito sono e tiven un soño que se desenvolvía na miña vila natal, aquela onde tiña todos os meus amigos e familia. No soño sucedía un feito que me acontecera cando eu era pequeno: un día soleado de verán fora cos meus amigos de paseo coa bicicleta polas vilas do arredor, e decidimos entrar nunha casa abandonada, un rapaz atopou nun dos caixóns do dormitorio un gran sobre , inverteuno, abriuno, e dentro atopou moitos cartos e ata un rólex, á parte miramos o resto da casa, pero o único que nos chamou a atención foi un mapa, desenrolámolo e decatámonos de que era un mapa da vila, cunha cruz xusto no lugar onde eu vivía. Decidimos repartir o tesouro entre o pobo, e decidiron investir a súa parte en crear un hotel, que por certo, segue aberto hoxe en día, mentres que nos, fixemos un aparte para investigar que era a cruz que estaba, marcada no mapa.


                                     

CONQUE/CON QUE




       Este verán gustaríame ir de viaxe coa miña familia a Grecia, pero con que suspenda algunha materia, non vou poder ir, pero eu voume esforzar por aprobar.Temos pensado ir en xullo, conque temos que ir mirando ofertas de viaxes e teño tantas gañas que xa estou mirando a roupa con que vou viaxar. Xa lle preguntei á miña nai con que compañía de voo lle gustaría viaxar, pero eu con que viaxe a algún sitio xa son feliz.

SENÓN/SE NON




          Ao meu pai gústanlle moito os cans. Non eran suficientes dez animais, senón que agora ten vinte. Moitos son mansos e xogan entre eles, senón dous que son considerados  perigosos xa que son dogos arxentinos e se non queres que che mordan é mellor portarse ben con eles. En todos estes anos nunca houbo ningún problema con eles, senón nunha ocasión que case morden ao carteiro.
                                                     

                                                        

domingo, marzo 01, 2015

PORQUE, PORQUÉ, POR QUE

           O pasado venres estiven falando cos meus pais sobre a carreira que estudaría ao rematar o bacharelato, porque xa me queda pouco para cumprir os dezaoito. O meu pai quería que estudase Medicina pero eu díxenlle que non, o porqué da resposta é que piden unha nota moi alta. Á miña nai gustaríalle que estudase veterinaria pero tamén lle respondín que non, o motivo por que lle dixen iso é que non me gustan os animais.Ó día seguinte, a miña irmá díxome: por que non estudas enfermería? E finalmente dixen que si. Queda menos dun ano para que remate bacharelato, pero voume a esforzar por que poida estudar enfermería.