mércores, decembro 10, 2014

O CHAFALLÁN



 O Chafallán era un home da aldea de O Irixo que facía as cousas de calquera maneira, sen   preocuparlle que quedaran ben ou mal, era un chafalleiro, por iso no lugar o chamaron o Chafallán.

Cando fixeron a capela do San Xoán, os veciños  decidiron que quen tiña que rematala por dentro sería o Chafallán, para logo ser consagrada polo bispo de Ourense cando estivera totalmente rematada. Así pasou un ano arranxándoa.

Chegou o día de inaugurar a capela e o bispo e máis a xente entran nela, todo aparenta moi ben rematado, só queda por ver o cadro da derradeira cea que hai trala cortina e que todos están esperando admirar. Tras descorrer a cortina observan como as personaxes do cadro están desordenados; San Pedro tirado no chan, San Xoán durmindo na mesa…      O bispo bota as mans a cabeza e pregunta: que pasa aquí? e o Chafallán responde: oia eu cando os deixei ceando estaban todos ben, despois o que fixeran…

A ESCRITA DOS NÚMEROS




Maceda, 3 de decembro de 2014.
Querida curmá:

Que tal de Erasmus por Nova York? Aquí en Maceda botámoste moito de menos, xa fai seis meses que te fuches, e case non sabemos nada de ti, só vimos as 126 fotos que nos mandaches hai un mes, por certo, moi bonitas. Agora que van comezar as vacacións de Nadal virás de volta para Ourense pois só quedan vintecatro días e o inverno xa se nota,  porque hoxe o termómetro marcaba -2ºC.


Sáudos do teu curmán Martín. 

                                      

mércores, outubro 15, 2014

AS MAIÚSCULAS E AS MINÚSCULAS

  O quince de xullo deste verán partín do aeroporto de Santiago de Compostela cara a Estambul coa compañía aérea Turkish Airlines.No avión había moitas revistas como Zaman ou Yeni Safak, pero non entendía nada do que puñan, menos mal que vin un xornal en galego: Gastronomía Galega non obstante, non me interesaba. Máis tarde, pasou a azafata co carro da comida e deume un bocadillo, aínda que non me sentou moi ben e tiven que ir correndo o W.C. Despois fíxoseme un pouco máis curto o traxecto de cinco horas porque comecei a falar coa señora que tiña ó lado, que era de Arxentina e chámabase dona Claudia.Polo que me dixo fora profesora de Matemáticas, e era unha muller moi peculiar porque cando as azafatas/os non miraban, collía a bandexa e os cubertos da comida e metíaos no bolso, dixérame que coleccionaba este tipo de cousas.Á fin, tres horas máis tarde chegamos ao aeroporto Ataturk e antes de baixarme o piloto Mr.Smith deixoume ver a cabina de voo que era impresionante.








mércores, outubro 08, 2014

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?

Martín é un rapaz moi deportista, con el nunca te aburres porque non para quieto, aínda que ás veces iso pódeche sacar de quicio, pode parecer que é moi reservado, pero cando colle confianza é moi extrovertido, é sincero, eu creo que é unha persoa na que podes confiar (Sara, irmá, 16 anos).


 Encántanlle os cans, non lle gusta moito ler, é algo lacazán e gústalle moito ir mercar, gústalle estar na vila cos amigos, andar en bici e facer trasnadas connosco, pero iso si, é moi educado (Mikel,amigo, 16 anos).



ASÍ SON EU: GÚSTAME NON ME GUSTA





 GÚSTAME

Os cás, o monte, o inverno e o verán, o snowboard, o surf, as bicicletas de descenso, a praia, os días de sol, ir correr co meu pai,o boxeo, a música de Martin Garrix, Steve Aoki, Coldplay,os batidos de froita, ir ao cine, o piano e saír os venres.





NON ME GUSTA

O fútbol, os rallies, o baloncesto, o outono e a primavera, os gatos, as arañas, as orquestras, as películas románticas, os calzóns da feira, as Matemáticas e a informática, os purés, a coliflor e o brécol, a política, e falar de coches.