O Chafallán
era un home da aldea de O Irixo que facía as cousas de calquera maneira, sen preocuparlle que quedaran ben ou mal, era un chafalleiro, por iso no lugar o
chamaron o Chafallán.
Cando
fixeron a capela do San Xoán, os veciños
decidiron que quen tiña que rematala por dentro sería o Chafallán, para
logo ser consagrada polo bispo de Ourense cando estivera totalmente rematada. Así
pasou un ano arranxándoa.
Chegou
o día de inaugurar a capela e o bispo e máis a xente entran nela, todo aparenta
moi ben rematado, só queda por ver o cadro da derradeira cea que hai trala
cortina e que todos están esperando admirar. Tras descorrer a cortina observan
como as personaxes do cadro están desordenados; San Pedro tirado no chan, San
Xoán durmindo na mesa… O bispo bota
as mans a cabeza e pregunta: que pasa aquí? e o Chafallán responde: oia eu
cando os deixei ceando estaban todos ben, despois o que fixeran…
Ningún comentario:
Publicar un comentario