domingo, marzo 01, 2015

PORQUE, PORQUÉ, POR QUE

           O pasado venres estiven falando cos meus pais sobre a carreira que estudaría ao rematar o bacharelato, porque xa me queda pouco para cumprir os dezaoito. O meu pai quería que estudase Medicina pero eu díxenlle que non, o porqué da resposta é que piden unha nota moi alta. Á miña nai gustaríalle que estudase veterinaria pero tamén lle respondín que non, o motivo por que lle dixen iso é que non me gustan os animais.Ó día seguinte, a miña irmá díxome: por que non estudas enfermería? E finalmente dixen que si. Queda menos dun ano para que remate bacharelato, pero voume a esforzar por que poida estudar enfermería.

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario