Ai!
berrou Mateo mentres camiñábamos coa cadela polo monte. Ao carón da árbore había unha pequena serpe de cor clara.
Afastámonos dese lugar e chamei ao meu pai, que nos levou enseguida a
urxencias. Aí atendéronnos moi
rápido, e o doutor dixo: a ver onde
che picou, e deseguido explicounos que a serpe que mordera ao meu amigo non era
unha especie de Galicia, nin sequera de España, senón unha que só hai en zonas moi húmidas do planeta,
como as Selvas Tropicais. Esta serpe é velenosa, pero co antídoto que lle
subministraron recuperouse rapidamente, e todo quedou nun susto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario