Hoxe, despois de comer, deiteime na cama durmir unha sesta, porque tiña
moito sono e tiven un soño que se desenvolvía na miña vila natal, aquela onde tiña todos os meus
amigos e familia. No soño sucedía un feito que me acontecera cando eu era
pequeno: un día soleado de verán fora cos meus amigos de paseo coa bicicleta
polas vilas do arredor, e decidimos
entrar nunha casa abandonada, un rapaz atopou nun dos caixóns do dormitorio un
gran sobre , inverteuno, abriuno, e
dentro atopou moitos cartos e ata un rólex, á parte miramos o resto da casa, pero o único que nos chamou a
atención foi un mapa, desenrolámolo
e decatámonos de que era un mapa da vila, cunha cruz xusto no lugar onde eu
vivía. Decidimos repartir o tesouro entre o pobo, e decidiron investir
a súa parte en crear un hotel, que por certo, segue aberto hoxe en día, mentres
que nos, fixemos un aparte para
investigar que era a cruz que estaba, marcada no mapa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario