Ai!
berrou Mateo mentres camiñábamos coa cadela polo monte. Ao carón da árbore había unha pequena serpe de cor clara.
Afastámonos dese lugar e chamei ao meu pai, que nos levou enseguida a
urxencias. Aí atendéronnos moi
rápido, e o doutor dixo: a ver onde
che picou, e deseguido explicounos que a serpe que mordera ao meu amigo non era
unha especie de Galicia, nin sequera de España, senón unha que só hai en zonas moi húmidas do planeta,
como as Selvas Tropicais. Esta serpe é velenosa, pero co antídoto que lle
subministraron recuperouse rapidamente, e todo quedou nun susto.
Blog de Martín, alumno de 4º ESO, para publicar os meus traballos de Lingua Galega e Literatura.
venres, marzo 13, 2015
DÚBIDAS LÉXICAS
Hoxe, despois de comer, deiteime na cama durmir unha sesta, porque tiña
moito sono e tiven un soño que se desenvolvía na miña vila natal, aquela onde tiña todos os meus
amigos e familia. No soño sucedía un feito que me acontecera cando eu era
pequeno: un día soleado de verán fora cos meus amigos de paseo coa bicicleta
polas vilas do arredor, e decidimos
entrar nunha casa abandonada, un rapaz atopou nun dos caixóns do dormitorio un
gran sobre , inverteuno, abriuno, e
dentro atopou moitos cartos e ata un rólex, á parte miramos o resto da casa, pero o único que nos chamou a
atención foi un mapa, desenrolámolo
e decatámonos de que era un mapa da vila, cunha cruz xusto no lugar onde eu
vivía. Decidimos repartir o tesouro entre o pobo, e decidiron investir
a súa parte en crear un hotel, que por certo, segue aberto hoxe en día, mentres
que nos, fixemos un aparte para
investigar que era a cruz que estaba, marcada no mapa.

CONQUE/CON QUE
Este verán gustaríame ir de viaxe
coa miña familia a Grecia, pero con que
suspenda algunha materia, non vou poder ir, pero eu voume esforzar por
aprobar.Temos pensado ir en xullo, conque
temos que ir mirando ofertas de viaxes e teño tantas gañas que xa estou mirando
a roupa con que vou viaxar. Xa lle
preguntei á miña nai con que
compañía de voo lle gustaría viaxar, pero eu con que viaxe a algún sitio xa son feliz.
SENÓN/SE NON
Ao meu pai gústanlle moito os cans. Non eran suficientes dez animais, senón que agora ten vinte. Moitos son mansos e xogan entre eles, senón dous que son considerados perigosos xa que son dogos arxentinos e se non queres que che mordan é mellor portarse ben con eles. En todos estes anos nunca houbo ningún problema con eles, senón nunha ocasión que case morden ao carteiro.

domingo, marzo 01, 2015
PORQUE, PORQUÉ, POR QUE
O pasado venres estiven falando cos
meus pais sobre a carreira que estudaría ao rematar o bacharelato, porque xa me queda pouco para cumprir
os dezaoito. O meu pai quería que estudase Medicina pero eu díxenlle que non, o
porqué da resposta é que piden unha
nota moi alta. Á miña nai gustaríalle que estudase veterinaria pero tamén lle
respondín que non, o motivo por que
lle dixen iso é que non me gustan os animais.Ó día seguinte, a miña irmá
díxome: por que non estudas
enfermería? E finalmente dixen que si. Queda menos dun ano para que remate
bacharelato, pero voume a esforzar por
que poida estudar enfermería.

mércores, decembro 10, 2014
O CHAFALLÁN
O Chafallán
era un home da aldea de O Irixo que facía as cousas de calquera maneira, sen preocuparlle que quedaran ben ou mal, era un chafalleiro, por iso no lugar o
chamaron o Chafallán.
Cando
fixeron a capela do San Xoán, os veciños
decidiron que quen tiña que rematala por dentro sería o Chafallán, para
logo ser consagrada polo bispo de Ourense cando estivera totalmente rematada. Así
pasou un ano arranxándoa.
Chegou
o día de inaugurar a capela e o bispo e máis a xente entran nela, todo aparenta
moi ben rematado, só queda por ver o cadro da derradeira cea que hai trala
cortina e que todos están esperando admirar. Tras descorrer a cortina observan
como as personaxes do cadro están desordenados; San Pedro tirado no chan, San
Xoán durmindo na mesa… O bispo bota
as mans a cabeza e pregunta: que pasa aquí? e o Chafallán responde: oia eu
cando os deixei ceando estaban todos ben, despois o que fixeran…
A ESCRITA DOS NÚMEROS
Maceda, 3 de decembro de 2014.
Querida curmá:
Que tal de Erasmus por
Nova York? Aquí en Maceda botámoste moito de menos, xa fai seis meses que te fuches, e case non sabemos nada de ti, só vimos as
126 fotos que nos mandaches hai un mes, por certo, moi bonitas. Agora que
van comezar as vacacións de Nadal virás de volta para Ourense pois só quedan vintecatro días e o inverno xa se
nota, porque hoxe o termómetro marcaba -2ºC.
Sáudos
do teu curmán Martín.


mércores, outubro 15, 2014
AS MAIÚSCULAS E AS MINÚSCULAS
O
quince de xullo deste verán partín do aeroporto de Santiago de Compostela cara
a Estambul coa compañía aérea Turkish Airlines.No avión había moitas revistas
como Zaman ou Yeni Safak, pero non entendía nada do que puñan, menos mal que
vin un xornal en galego: Gastronomía Galega non obstante, non me interesaba. Máis
tarde, pasou a azafata co carro da comida e deume un bocadillo, aínda que non
me sentou moi ben e tiven que ir correndo o W.C. Despois fíxoseme un pouco máis
curto o traxecto de cinco horas porque comecei a falar coa señora que tiña ó
lado, que era de Arxentina e chámabase dona Claudia.Polo que me dixo fora
profesora de Matemáticas, e era unha muller moi peculiar porque cando as
azafatas/os non miraban, collía a bandexa e os cubertos da comida e metíaos no
bolso, dixérame que coleccionaba este tipo de cousas.Á fin, tres horas máis
tarde chegamos ao aeroporto Ataturk e antes de baixarme o piloto Mr.Smith deixoume
ver a cabina de voo que era impresionante.
mércores, outubro 08, 2014
ASÍ SON EU: COMO ME VEN?
Martín é un rapaz moi deportista, con el
nunca te aburres porque non para quieto, aínda que ás veces iso pódeche sacar de
quicio, pode parecer que é moi reservado, pero cando colle confianza é moi extrovertido,
é sincero, eu creo que é unha persoa na que podes confiar (Sara, irmá, 16 anos).
Encántanlle os cans, non lle gusta moito ler,
é algo lacazán e gústalle moito ir mercar, gústalle estar na vila cos amigos,
andar en bici e facer trasnadas connosco, pero iso si, é moi educado (Mikel,amigo,
16 anos).
ASÍ SON EU: GÚSTAME NON ME GUSTA
GÚSTAME
Os
cás, o monte, o inverno e o verán, o snowboard, o surf, as bicicletas de
descenso, a praia, os días de sol, ir correr co meu pai,o boxeo, a
música de Martin Garrix, Steve Aoki, Coldplay,os batidos
de froita, ir ao cine, o piano e saír os venres.
NON ME GUSTA
O fútbol, os rallies, o baloncesto,
o outono e a primavera, os gatos, as arañas, as orquestras, as películas
románticas, os calzóns da feira, as Matemáticas e a informática, os purés, a
coliflor e o brécol, a política, e falar de coches.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
